Trasladan unha muller de Cambados ao Complexo Hospitalario da Coruña tras caer desde tres metros de altura
Por Redacción
Ao redor das 17.30 horas da tarde deste mércores, un particular alertaba ao servizo de Emerxencias 112 Galicia solicitando axuda para unha muller que caía dunha altura de aproximadamente tres metros mentres tentaba mover unhas caixas no primeiro piso dunha vivenda.
O accidente producíase nas Laxes número 2 en Vilariño, municipio de Cambados. A muller, de 44 anos, foi trasladada ao Complexo Hospitalario da Coruña con trauma occipital e trauma lumbar sen sensibilidade de cintura para abaixo.
Ata o lugar trasladouse un helicóptero do 061 con base en Ourense, que trasladou á muller ao centro médico, unha ambulancia do 061, axentes da Policía local de Cambados e servizos de emerxencias de Protección Civil.