Os socialistas de Barro esixen a cobertura das baixas do persoal do centro de saúde
Por Oskar Viéitez
O grupo socialista do Concello de Barro esixe ao Sergas que cumpla o compromiso adquirido no seu día polo xerente da área sanitaria de Pontevedra e de cobertura ás baixas no centro de saúde do municipio.
Segundo informan os socialistas, dende hai un mes non se está cubrindo a baixa e as vacacións dun dos dous médicos de Atención Primaria, de tal xeito que un único facultativo ten que atender o doble de pacientes.
"Esta situación de sobrecarga de traballo provoca unha atención deficitaria para os numerosos veciños que acuden diariamente ao centro de saúde, con citas tardías e largos tempos de espera", sinala o portavoz do grupo socialista de Barro, José Sanmartín.
Concretamente, Sanmartín destaca que danse circunstancias nas que o único médico existente ten que atender ata 60 pacientes diarios, véndose na obriga de derivar algúns deles a Pontevedra e aplazar consultas a domicilio programadas.
Engade que os problemas afectan tamén ao servizo de pediatría, que alterna con outros destinos.
Por tal motivo, o grupo socialista de Barro exixe ao Sergas unha "solución inmediata" e, de non ser o caso, baralla iniciar mobilizacións de protesta.
"De principio, o vindeiro luns reunirémonos co deputado socialista de Sanidade, Julio Torrado, que se achegará ata Barro para coñecer de preto a situación e trasladala ao Parlamento", indica Sanmartín.
Ao tempo, o grupo socialista reclama ao Concello "que non faga deixamento das súas funcións e non use esta problemática soamente para sacar rendementos electorais".