A colisión dun camión causa danos na Rotonda das Anclas
Por Redacción
A colisión dun camión de gran tamaño que transportaba madeira vén de causar diversos danos na coñecida como Rotonda das Anclas. O accidente afectou tanto á pedra que delimita a zona axardinada como ás propias plantas.
As primeiras investigacións da Policía Local de Marín sinalan que o condutor do camión fixo unha mala manobra ao virar para facer a rotonda.
O suceso aconteceu pasadas as 07.20 horas da mañá e o corpo de seguridade local está tratando de dar co condutor do vehículo que causou estes estragos.
O Concello arranxará nos próximos días os materiais e as plantas afectadas, para que a rotonda volva lucir o seu aspecto habitual.