O Concello de Marín construirá dous novos aseos no Mercado de Abastos
Por Redacción
O mercado de abastos de Marín contará con dous novos aseos. A concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, explicou este xoves que as obras para a instalación destes cuartos de baño están a piques de comezar tendo en conta que os trámites administrativos están practicamente liquidados.
Clientes e vendedores viñan denunciando desde hai meses a necesidade de ampliar o número de sanitarios nunha infraestrutura con tanto movemento como a praza de abastos, centro neurálxico do comercio de proximidade da vila.
A actuación consiste na instalación de dous baños no patio norte do Mercado, aproveitando o cerramento exterior xa existente. A obra obrigará a pechar parcialmente un dos arcos para crear un espazo delimitado e dividido simétricamente para implantar un aseo masculino e outro feminino. Esta zona está carente de usos na actualidade, só está a terraza dun dos establecementos hostaleiros que sitúa alí de forma temporal.
A empresa Dapercons será a encargada de executar os traballos que están orzados en 15.000 euros.
Relacionadas:
-
Marín xa ten plan de prevención de incendios
Por Redacción |
-
A colisión dun camión causa danos na Rotonda das Anclas
Por Redacción |
-
A Xunta inicia as expropiacións para executar a senda peonil entre Bagüín e Seixo
Por Redacción |
-
O Concello de Marín realiza tarefas de mantemento na Finca de Briz
Por Redacción |