Unha muller resulta ferida nun accidente en Cambados
Por Redacción
Aparatoso accidente de circulación o acontecido na tarde deste xoves na estrada VG-4.3 ao seu paso polo municipio de Cambados.
Unha muller resultou ferida no suceso, despois de que o coche no que viaxaba saíse da vía polo costado esquerdo e mesmo chegase a envorcar, segundo relatan os servizos de emerxencia.
Ata o lugar dos feitos, no quilómetros 2.800 da vía rápida, acudiron efectivos do 061, Policia Local de Vilanova, Bombeiros do Salnés e Emerxencias Cambados.
A persoa ferida, unha muller de 45 anos de idade e veciña de Pontecesures, foi evacuada en ambulancia ao Hospital do Salnés afectada de dor cervical e lumbar.