O compost toma a Praza da Peregrina
Por Manu Otero
A Praza da Peregrina acolleu este venres unha carpa informativa sobre o Plan Revitaliza, o programa de compostaxe que a Deputación está a poñer en marcha en toda a provincia, que captou a atención de decenas de peóns que se achegaron ao posto para solicitar información sobre esta iniciativa e levar unha das plantas aromáticas que regalaban os traballadores.
"Esta carpa forma parte do deseño da campaña do plan de compostaxe, é a sexta que se fai en toda a provincia e seguiranse facendo. Aínda que tamén imos porta por porta, esta é para un público máis xeneralista, entregamos tamén material informativo e fichas para facer unha solicitude de composteiro individual ou comunitario, logo veremos en que prazo poderanse atender", explicou César Mosquera, vicepresidente da Deputación e un dos impulsores deste plan ecolóxico.
Ademais de Mosquera, á Praza da Peregrina achegáronse esta mañá os concelleiros de Residuos Urbanos, Raimundo González; e o do rural, Alberto Oubiña; para comprobar en persoa o interese que suscita este programa entre a poboación. Durante toda a mañá o movemento foi constante o que constata a sensibilidade dos pontevedreses pola correcta xestión dos residuos orgánicos. "Este programa parte de que a xente está sensibilizada e cre que hai que facer algo con isto. Non se pode seguir castigando o planeta. O que facemos son medidas para canalizar esa sensibilidade", explicou o vicepresidente, quen asegura que hai veciños que están a compostar nos seus balcóns ou cociñas.
Dar visibilidade ao Plan Revitaliza é só un dos alicerces sobre os que se sustenta esta iniciativa provincial que captou a atención de países como China, que visitou Pontevedra recentemente para coñecer o seu funcionamento. "Tentamos cubrir todos os flancos: o da investigación, comunicación, a modificación de hábitos e costumes, a implantación de medios para que funcione e a formación de xente para que funcione ben", concluíu Mosquera.
Relacionadas:
-
Lista de agarda para ter un composteiro individual en Ribaduma
Por Redacción |
-
100 composteiros individuais van repartirse esta semana en Bueu
Por Redacción |
-
Medio millón de euros para contratar mestres composteiros nos 'concellos Revitaliza'
Por Redacción |
-
O Concello lamenta a "cruzada" do PP co compost e acúsaos de mentir para crear "alarma social"
Por Alejandro Espiño |
-
A praza da Peregrina acollerá este venres a carpa Revitaliza con información sobre compostaxe
Por Redacción |
-
A delegación chinesa aplaude que o Plan Revitaliza veña da man dunha administración pública e persoal experto
Por Oskar Viéitez |
-
"Ao volver a China adaptaremos o aprendido aquí do Plan Revitaliza ao noso contexto"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
O "Selo Revitaliza" distinguirá o compromiso dos restaurantes coa compostaxe e co medio ambiente
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |