Bueu mellorará os accesos ás praias de Pescadoira e Petís
Por Redacción
As praias urbanas de Pescadoira e Petís verán mellorados os seus accesos nos próximos meses, tras o remate das obras que se están levando a cabo na contorna da Nave de Deportes Náuticos, segundo informou o goberno municipal.
A actuación, subvencionada pola Axencia Galega de Turismo da Xunta de Galicia e con cargo aos remanentes do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, permitirá pavimentar con formigón impreso arredor de 780 metros cadrados.
O alcalde de Bueu, Félix Juncal, visitou estas obras que está levando a cabo a empresa Pavimentos Industriais Fonteca SLU e que teñen un orzamento de 30.855 euros.
Segundo o rexedor, trátase de acometer a mellora ambiental da fronte marítima de toda a Avenida Montero Ríos a través de diversas actuacións.
Con esta obra, preténdese mellorar a accesibilidade a estes dous areais, revalorizar urbanisticamente o entorno ata convertelo nun elemento potenciador do extremo este do paseo marítimo e renovar as instalacións deportivas co fin de contribuír á promoción e desenvolvemento do deporte náutico.
Os traballos que se levarán a cabo son a limpeza mecánica mediante a aplicación sobre a superficie de lanza de auga a presión e o pavimento continuo de formigón impreso.
Relacionadas:
-
Constrúen un novo foso na nave de deportes náuticos de Pescadoira
Por Redacción |
-
Bueu vaise mollar para reivindicar a rexeneración da praia de Pescadoira
Por Redacción |
-
Bueu inicia un plan de desbroce e limpeza
Por Redacción |
-
Bueu renova a sinalización dos recursos turísticos do municipio
Por Redacción |
-
Bueu mellora os accesos ás praias de Agrelo e Portomaior
Por Redacción |