Aparatoso accidente en Samieira cunha muller ferida
Por Redacción
Os servizos de emerxencia tiveron que auxiliar este venres a unha condutora que quedou atrapada no seu vehículo despois de sufrir unha aparatosa colisión en Poio.
En concreto, o accidente tivo lugar ao redor das 19:00 horas do venres na estrada PO-303 ao seu paso pola parroquia de Samieira, no quilómetro 1.900 da vía, con dous coches implicados, segundo relata o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.
Debido ao impacto, foi necesario retirar unha das portas do turismo para poder atender á ferida.
Tras recibirse a alerta dun particular, o 112 informou do suceso ao 061, Emerxencias Sanxenxo e os Bombeiros de Pontevedra, ademais da a Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil.
Cando os profesionais de emerxencias finalizaron a excarceración, a muller foi trasladada polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.