A Garda Civil celebra o Día do Pilar reivindicando a seguridade da provincia
Por Diego Espiño & Diego Torrado
A Comandancia da Garda Civil en Pontevedra acolleu este sábado, 12 de outubro, o tradicional acto na honra á patroa da Benemérita, a Virxe do Pilar.
Ante numeroso público e autoridades, o tenente coronel Touceda quixo reivindicar na súa intervención, substituíndo ao coronel Simón Venzal ausente por motivos familiares, o labor do Corpo e a seguridade da provincia de Pontevedra.
"Si en el resto del territorio nacional se comenten 32 delitos por cada 1.000 habitantes en esta provincia se cometen 23. Y si en el resto del territorio nacional se esclarecen el 41% de los delitos que se producen, en esta Comandancia eclarecemos casi el 56%", destacou.
Por todo iso o 12 de outubro é un día para "reconocer la labor y el sacrificio de todos los guardias que nos han precedido", e tamén dos 1.438 profesionais destinados na comandancia pontevedresa, gardas civís que "hacemos más de 44.000 patrullas al año, recorremos más de 5 millones y medio de kilómetros", engadiu Touceda.
O tenente coronel tamén quixo lembrar un caso amargo, o crime machista de Valga, no que foron asasinadas tres mulleres, para convidar á reflexión. "Supone para todos nosotros un fracaso, aunque no existiera ni orden de protección ni denuncias previas", recoñeceu antes de incidir en que "tenemos que ser capaces de incorporar al sistema de protección a todas aquellas mujeres que viven en silencio la violencia de género".
En canto á subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, quixo resaltar o descenso de vítimas mortais de tráfico e a implicación deste corpo de seguridade no medio ambiente e a loita contra o narcotráfico. "Grazas aos controis nos meses estivais, conseguiuse un descenso do case 75% en canto a falecidos na estrada durante os meses deste verán", incidiu Larriba.
O acto en honra á Virxe do Pilar incluíu como é costume a entrega de distintivos ao mérito a diferentes axentes e representantes doutras institucións. Así, foron condecorados coa cruz do mérito militar con distintivo branco o capitán Alfredo Castro Pérez e os gardas civís Francisco Hierro Pérez e Juan Carlos Castro Agrelo. Ademais a garda Marta Padín González recibiu a cruz de prata da orde do mérito de corpo da Garda Civil e Amancio González Gómez a cruz da orde do mérito de corpo da Garda Civil con distintivo vermello.
Pola súa banda recibiron a cruz da orde do mérito da Garda Civil con distintivo branco: María Isabel Alonso de Linaje Calzada, secretaria xeral da Subdelegación do Goberno; Juan Antonio Sagrado Cañavete, fiscal da área de Vigo; Francisco Martínez Muñoz, xefe da Policía Local de Vigo; María Luz Senra Lorenzo, ex-xefa de inspección farmacéutica e control de drogas en Vigo; José María Leira Neira, tenente coronel do Exército; Jorge Álvarez Cea, sarxento 1º do Exército; e Felipe Laa Pires, sarxento axudante da Garda Nacional Republicana.
Tamén foron recoñecidos os comandantes Leovegildo Villares Yáñez e Diego García Martín, o teniente Abel José Rodríguez Pérez, o subteniente reserva Ángel Martín Izquierdo, o sarxento 1º Félix Alberto Arbizu Martínez, os cabos 1º María Dolores Romero Ribao, Alfonso Fernández Vázquez e Miguel Ángel Fernández Enríquez e os gardas Patricia María Simón Ferro, Juan Ángel Vilar Martínez, José Antonio Beiro Conde, Francisco Javier Pozaco González, José María Pomares Fernández, Óscar Martínez González, María del Pilar Blanco Paredes, Rubén Álvarez Abollo, Juan Manuel Castellano Silva, Ángel Luis Ferreira Casal, Emilio Pérez Franco, José Antonio Miguens Rodiño, José Manuel Berjano Lamoso, José Ramón Muñiz González, José Estévez Rodríguez, José Benito Domínguez Sánchez, José Ramón Fresco Rodríguez, Santiago Vara Ríos e Lorenzo Rodríguez Lobato.