VÍDEO.- Os servizos de emerxencia sufocan o incendio dun coche abandonado en Valdecorvos
Por Redacción
O incendio dun coche abandonado provocou a última hora do venres 11 de outubro certa expectación na zona de Valdecorvos.
Os servizos de emerxencia acudiron ao lugar tras recibir a alerta do lume ao redor das 21:45 horas.
Ao chegar atopáronse un coche ardendo, ou o que quedaba del, porque se trataba dun turismo que levaba tempo aparcado nunha situación penosa.
En concreto, confirmou a Policía Local de Pontevedra, tratábase dun Volkswagen Golf.