Cuntis licita as obras de saneamento en Portela e Ducío
Por Redacción
O Concello de Cuntis sacou a licitación as obras de saneamento para os lugares de Portela e Ducío, na parroquia de Arcos de Furcos.
Os traballos, que se financian a través do Plan Concello da Deputación, custarán 207.794,69 euros.
As obras consistirán na colocación dos colectores xerais de ambos os dous núcleos que carecen neste momento de rede de saneamento e que serán conectados á estación depuradora de augas residuais.
As empresas interesadas en facerse cargo do proxecto teñen de prazo ata o 31 de outubro para presentar as súas ofertas.
Con esta actuación darase un paso máis nun asunto que o goberno local cualifica de "prioridade", a expansión da rede a todos os núcleos habitados do municipio.
Relacionadas:
-
O Concello ultima o saneamento a Arcos de Furcos coa dotación do servizo aos lugares de A Casiña e Ducio
Por Redacción |
-
A rede de saneamento chega ao lugar de Ducío, na parroquia cuntiense de Arcos
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis estrea o Plan Concellos 2020 coa contratación de dezanove traballadores
Por Redacción |
-
Carmela Silva visita en Cuntis as obras do saneamento no lugar da Casiña
Por Redacción |
-
Cuntis revisa as súas redes de saneamiento
Por Oskar Viéitez |