Irmandande entre a Feira do Leitón Ibérico de Cardeña e a Festa do Porquiño á Brasa de Moraña
Por Redacción
O Concello de Moraña establecerá unha relación institucional a próxima fin de semana coa irmandade co municipio de Cardeña (Córdoba) con motivo da similitude entre a Feira do Leitón Ibérico e a Festa do Porquiño á Brasa de Amil.
A organización do evento en Cardeña celebrará a súa oitava edición entre os días 18 e 20 de outubro. Nesta ocasión decidiron escoller o concello de Moraña como entidade embaixadora debido á longa traxectoria da cita gastronómica galega.
A alcaldesa Luisa Piñeiro, o tenente de alcalde José Cela e a banda de música Nova Lira desprazaranse ata terras andaluzas acompañados de empresarios de artesanía e de produtos ecolóxicos e polbeiros.
Os actos desenvolveranse cun acto formal de irmandamento entre Moraña e Cardeña na inauguración oficial, que será o venres 18 ás 12.00 horas na carpa do recinto feiral. A banda de música ofrecerá catro actuacións con tres pasacalles ao longo das mañás de todo a fin de semana, ademais dun concerto durante a tarde do venres.
Os empresarios do Umia que se desprazan manterán encontros e contactos comerciais en terras andaluzas aproveitando a viaxe. Ademais, o recinto feiral onde se celebra a Feira do Leitón Ibérico contará cun posto centrado na Festa do Porquiño á Brasa, no que se ofrecerán datos de interese sobre o municipio de Moraña.