Herido al salirse de la vía y volcar el vehículo en la carretera entre Cuntis y Moraña
Por Redacción
Un home de 77 anos resultaba ferido ao sufrir unha saída de vía cando circulaba polo municipio de Moraña. O suceso rexistrábase na PO-226 minutos antes das 19.00 horas deste luns no lugar de Ponte Taboada, na vía que une Cuntis con Moraña e que un punto frecuente e accidentes.
Por causas por determinar, o condutor perdía o control do turismo que se ía contra o noiro e envorcaba de maneira espectacular na beiravía. Ata o lugar desprazábanse unidades de Protección Civil de Cuntis, Protección Civil de Moraña, do GES da Estrada e Bombeiros do consorcio, alertados polo servizo de Emerxencias 112 Galicia.
O home atopábase atrapado dentro do vehículo e foi necesario que os bombeiros retirasen o portón para que puidese ser extraído. Segundo os servizos de emerxencias, o home atopábase consciente en todo momento e sufrío danos na cabeza.
Unha ambulancia trasladou o ferido ao Hospital Montecelo para que se sometese a unha exploración médica.