VÍDEO.- Explosións nun cadro eléctrico obrigan a cortar durante a noite a estrada da Vichona
Por Redacción
Os servizos de emerxencia e seguridade cortaron durante a madrugada deste martes 15 de outubro a estrada da Vichona, en Sanxenxo.
Alí viviuse unha situación de risco na rede eléctrica pasada a medianoite, ao redor das 0:30 horas.
En concreto un curtocircuíto nun cadro eléctrico provocou diversas explosións que levaron o medo no corpo aos veciños.
A Policía Local de Sanxenxo e o servizo de Emerxencias desprazáronse ata o lugar, procedendo ao corte preventivo da estrada no lugar de Forxán mentres non se puxo solucionar a incidencia.