A renovación de servizos en Domingo Fontán obriga a cortar parcialmente a rúa
Por Alejandro Espiño
As obras de rehabilitación da ponte do Burgo chega a unha nova fase e os traballos esténdense á avenida Domingo Fontán. Será coa actuación que prevé a renovación de todos os servizos soterrados na rúa, entre a avenida da Coruña e Martín Códax.
Está previsto que se renoven as redes de fecais e pluviais, a subministración de auga, a rede semafórica, a rede de electricidade e a iluminación pública.
Esta obra obrigará a cortar ao tráfico uno dos carrís, o de entrada desde Poio desde a ponte das Correntes, a partir do próximo luns 21 de outubro, Ademais, a partir de Martín Códax, a interrupción será completa.
O sentido da circulación do único carril que continuará aberto, só para residentes e servizos, quedará establecido desde a ponte do Burgo cara Poio. En sentido inverso, o tráfico será desviado pola ponte das Correntes cara o centro da cidade.
Unha vez que se completou as obras na cabeceira sur e preparouse o taboleiro da ponte para instalar a nova varanda, os traballos trasladáronse á cabeceira norte, onde se creará unha gran praza peonil.
Nesta actuación inclúese a renovación dos servizos en Domingo Fontal. A principal novidade técnica é que para renovar a rede xeral de subministración de auga, en lugar de facerse abrindo unha gabia, realizarase a través dun ' encamisado' metendo un tubo dentro doutro. Así, polo tubo de fibrocemento colocarase outro de polietileno soldado por termofusión.
O edil de Obras, Demetrio Gómez, explicou que "non manexamos previsións" para a reapertura da rúa, pero sinalou que a intención é acabar as obras "o antes posible".
Relacionadas:
-
Comerciantes e veciñanza coñecen a proposta de reordenación do tráfico no barrio do Burgo
Por Redacción |
-
Domingo Fontán pecha o luns para renovar todos os servizos da rúa
Por Redacción |
-
A nova varanda da ponte do Burgo colocarase a partir do 9 de outubro
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Os peóns estrean a nova ponte do Burgo
Por Almu Dapena |