Acordo no xuízo contra integrantes dos Morones con condena dun ano de prisión para Sinaí Giménez
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
Entre fortes medidas de seguridade que principalmente se centraron en dificultar o acceso dos xornalistas aos xulgados da Parda, desenvolvíase este mércores a vista oral no Penal 1 de Pontevedra contra seis integrantes do clan de 'Os Morones'.
Sinaí Giménez, o coñecido como "rei dos xitanos"; a súa curmá Déborah Jiménez, e os irmáns Consuelo Giménez, Saúl Giménez, Marino e Juan Paulo Giménez, que se atopa desaparecido da xustiza, enfrontábanse á petición da Fiscalía de penas de entre un ano e medio a seis anos e medio de prisión.
Finalmente durante a sesión alcanzábase un acordo entre os catro avogados das defensas, a fiscal e os avogados da acusación de forma que se chegou a conformidade determinando que Marino quedaba absolto ao non atoparse relación cos feitos; Déborah Jiménez e Consuelo Giménez aceptaron un ano de prisión por obstrución á xustiza e multas de seis meses a oito euros diarios, tras unha rebaixa de cinco anos e medio de pena respecto a a petición inicial da Fiscalía. Saúl Giménez tamén aceptaba unha pena por delito de atentado de seis meses de prisión.
Pola súa banda, Sinaí Giménez que declarou no xuízo a través de vídeoconferencia ao atoparse cumprindo pena no Centro Penal de Villabona, en Asturias, por outros incidentes no mercadio de Redondela, aceptou unha pena dun ano de cárcere por atentado e lesións, que supoñía unha rebaixa de tres e medio respecto a a petición inicial.
Sinaí Giménez confirmaba a través da conexión que estaba de acordo coa pena e que pedía desculpas polo ocorrido o día dos feitos. "Estoy arrepentido" afirmou, ademais de pedir expresamente perdón aos afectados. Asegurou que pagaría as indemnizacións o máis pronto posible e lembrou á xuíza que cando se produciron os feitos carecía de antecedentes penais.
Marcos García Montes, avogado de Consuelo Giménez, indicaba á saída que a Fiscalía non se opón á suspensión de condena de Déborah e de Sául. En canto a Sinaí e Consuelo indicaba que ao tratarse de feitos previos á reforma do Código Penal de 2015 solicitarán a substitución da pena de prisión por multa e por esta causa ningún dos condenados na vista deste mércores entrará en prisión
Queda pendente a situación do prófugo Juan Paulo ata que sexa atopado pola xustiza. Indicaba tamén que ambas as partes cederon nas súas pretensións para alcanzar o acordo debido a que, ademais, as probas non estaban "muy claras".
Pola súa banda, Javier Picallo, avogado de Marino Giménez mostrábase satisfeito coa absolución do seu defendido. No había prueba de cargo suficiente", indicou sinalando que se lle culpaba duns empuxóns a gardas civís pero que no xulgado de instrución os axentes xa poñían en dúbida se era Marino ou outro irmán o autor das agresións. Entende que a Fiscalía e a acusación particular retiraron os cargos porque consideran que se produciu unha confusión na identificación.
Marino accedeu aos xulgados sen identficiación previa, ao indicar aos axentes policiais que se deixou o DNI no seu coche, e ameazou verbalmente en dúas ocasións a un dos fotógrafos que se atopaba ás portas do edificio xudicial.
Relacionadas:
-
Juan Paulo Jiménez recorre unha condena apelando ao primeiro caso que perdeu España no Tribunal de Estrasburgo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O primoxénito de "Los Morones", a xuízo por un tiroteo nunha pedida de voda de "Los Zamoranos"
Por Redacción |
-
A detención de Juan Paulo Giménez, da familia dos Moróns, tras 17 meses fuxido, desbloquea un xuízo en Pontevedra
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Sinaí Giménez eludirá entrar en prisión a pesar de ser condenado a catro anos por unha liorta nun mercado
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Os xulgados da Parda blíndanse polo conflicto entre 'Morones' e 'Zamoranos'
Por Redacción |
-
Suspendido o xuízo contra Sinaí Giménez e varios dos seus irmáns pola ausencia de tres deles
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Sinaí Giménez, detido en Salamanca con 300 landras de haxix escondidas no cadro de mandos do coche
Por Natalia Puga |