A recollida de lixo en Marín, de novo nas mans de Urbaser
Por Redacción
A empresa Urbaser volverá a encargarse do servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos en Marín. Así será se o Concello acepta o requirimento remitido pola compañía Recolte, adxudicataria do contrato desde 2017, que vén de ceder os seus dereitos á antiga concesionaria.
Isto é debido, segundo traslada o goberno municipal, a que Urbaser adquiriu todos os dereitos de contratos de Recolte a nivel xeral, polo que afecta a todos os concellos que teñan algunha relación contractual ca empresa.
Esta cesión contractual está amparada pola Lei de Contratos do Sector Público e pode aplicarse sempre e cando xa se leve amortizada polo menos unha quinta parte do prazo de duración do contrato, un requisito que se cumpre no caso do municipio marinense.
Os departamentos técnicos e xurídicos do Concello están a avaliar a proposta de cesión contractual exposta por Recolte para emitir un informe no que se confirmará a validez da mesma.
Así e todo, quen tramitará a cesión do contrato de Recolte a Urbaser será o pleno da corporación, que tal e como explicou a Concellaría de Medio Ambiente é o órgano de contratación pertinente neste caso.
Aínda que os grupos da oposición xa foron informados do requirimento de Recolte, será o pleno quen resolva o caso no momento no que se emitan os informes por parte do equipo técnico e xurídico do Concello.
Relacionadas:
-
O pleno municipal de Marín aproba o plan de axuste para asumir o pago a Urbaser
Por Redacción |
-
O Pleno de Marín rexeita transferir a Urbaser o servizo de recollida de lixo
Por Redacción |
-
Desconvocada a folga de lixo prevista a partir deste sábado en Marín
Por Redacción |
-
Marín quere reducir a cantidade de impropios que se depositan no contedor de reciclaxe de plástico
Por Redacción |
-
Marín achaca o aumento da reciclaxe no municipio aos novos contedores
Por Redacción |