O 18 de novembro abrirá o centro terapéutico de Briz para persoas con alzheimer
Por Redacción
O centro terapéutico para persoas con alzheimer que funcionará na Finca de Briz de Marín empezará abrirá o próximo 18 de novembro.
O Concello de Marín deu a coñecer a data este xoves, despois de que a concelleira de Servizos Sociais, Marián Sanmartín, e membros da asociación Afapo visitasen este mércores as instalacións. Na visita estiveron o presidente de Afapo, José Manuel Fontenla, unha traballadora social e dúas docentes, así como representantes do departamento de Servizos Sociais do Concello, que teñen as súas oficinas tamén en Briz
Todas aquelas persoas interesadas en recibir información ou en beneficiarse das actividades do centro deben acudir ao departamento de Servizos Sociais do Concello, que tramitará todas estas peticións para derivalas a Afapo. A asociación valorará, a través do equipo de traballadoras sociais, cal é o grado de afectación da patoloxía en cada un dos pacientes.
Os obradoiros comezarán o próximo 18 de novembro cos usuarios que presenten un desenvolvemento leve da enfermidade. As sesións serán os luns e mércores de 10.00 a 13.00 horas.
O servizo é totalmente gratuíto, está financiado polo Concello e é compatible con calquera prestación que reciba o paciente.
A Concellaría de Benestar Social procederá nas próximas semanas á compra de mobiliario específico para adaptar as instalacións ás actividades e necesidades do centro terapéutico.
Relacionadas:
-
A Finca de Briz acolle novos obradoiros de envellecemento activo
Por Redacción |
-
Posta a punto da estrada das praias de Marín, con nova rodadura e sen maleza
Por Redacción |
-
O centro terapéutico de alzheimer de Briz abre con todas as prazas xa completas
Por Redacción |
-
Marín celebrará o Día contra a Violencia de Xénero nos centros escolares
Por Redacción |