A construción do tanque de tormentas da Avenida de Ourense está executada nun 75%
Por Redacción
A cuarta fase da obra de saneamento da Avenida de Ourense, correspondente ca construción do tanque de tormentas e que se iniciou a mediados do pasado maio, xa se atopa executada nun 75%.
Esta actuación de Augas de Galicia, unha das máis importantes que está levándose a cabo na vila marinense, enmárcase dentro do Plan de Saneamento da Ría e ten como obxectivo final reducir os vertidos ao mar.
A empresa Copcisa, executora dos traballos, xa rematou con todas as canalizacións e a estructura do tanque está no 40% do proceso construtivo.
Unha vez quede finalizada esta parte, será o momento de pechar de novo a avenida
Unha vez quede finalizada esta parte, será o momento de pechar de novo a avenida e instalar unha caseta, desde a que se manexarán os equipos hidráulicos que traballarán dentro do tanque e que permitirán reducir o caudal que chega á depuradora de Placeres.
O tipo de estrutura que ten o tanque supuxo a aplicación dunha serie de solucións técnicas "moi meritorias", afirman desde a empresa, chegando a crear un talud vertical cunha profundadide de excavación máxima de oito metros, é dicir, chegando a baixar un 10% desde a superficie.
Ademais do restante desta cuarta fase, o único que queda para rematar a obra é crear un enganche que servirá para cambiar a rede de saneamento vella pola nova, algo que non se pode facer ata o último momento por razóns técnicas.
O presuposto global que se investiu neste proxecto, necesario para mellorar o ecosistema fluvial pontevedrés, é de 1,8 millóns de euros.
Relacionadas:
-
15 empresas optan ás obras de humanización da Avenida de Ourense
Por Redacción |
-
Marín lembra aos propietarios de panteóns a obrigación de mantelos en bo estado
Por Redacción |
-
As obras da Avenida de Ourense afrontan os traballos de "humanización"
Por Redacción |
-
O Concello de Marín mételle présa ás obras da Avenida de Ourense
Por Oskar Viéitez |