Aumenta o número de actividades organizadas polo CIM de Sanxenxo
Por Redacción
O Centro de Información da Muller do Concello de Sanxenxo organizou ao longo de 2019 un total de vinte actividades e campañas, relacionadas coa violencia de xénero e a igualdade de oportunidades.
Este organismo que empezou a súa andaina tendo un carácter máis ben figurativo converteuse nun dos eixos principais da política social de Sanxenxo.
Entre outras actividades impulsaron unha campaña de prevención da violencia de xénero mediante a visibilización real e directa do CIM, ademais da conmemoración do día internacional da muller cunha exposición fotográfica e unha campaña nas marquesiñas do Concello sobre mulleres e profesións, que se encadran habitualmente en traballos de homes.
Este ano creouse o primeiro consello de igualdade interdepartamental, para coordinar e asegurar a elaboración do plan de igualdade dentro dos diferentes departamentos municipais. Tamén se ha desenvolvendo unha acción formativa sobre igualdade nas diferentes asociacións do municipio, para dar unhas pautas que poidan poñer en práctica á hora de desenvolver os seus eventos e actividades.
Outras iniciativas foi a creación do parque da igualdade, formación específica á Policía Local sobre violencia de xénero, representacións teatrais, danza, programas festivos, ou charlas, entre outras.
Ademais, no que vai de ano, a persoa responsable deste centro realizou 63 consultas de asesoramento xurídico, 156 de atención psicolóxica, 53 sobre violencia de xénero, 45 de información xenérica a mulleres.