Recollen en Vilagarcía unha granada e un proxectil da Guerra Civil
Por Redacción
Os especialistas TEDAX do servizo de desactivación de artefactos explosivos da Garda Civil de Pontevedra recolleron en Vilagarcía de Arousa unha granada e un proxectil de uso militar de similares características aos utilizados na Guerra Civil.
Os dous artefactos foron localizados onte nun muro de pedra que circunda unha vivenda na localidade de Vilagarcía de Arousa cando o seu propietario estaba a realizar labores de limpeza na leira e no inmoble.
Cando o dono da leira puxo o feito en coñecemento dos responsables de intervención de armas e explosivos da Garda Civil de Vilagarcía, adoptáronse as primeiras medidas de prevención e se activou de forma inmediata o protocolo de actuación por parte dos TEDAX para a neutralización e recollida dos dous artefactos para a súa total destrución.
O equipo TEDAX que acudiu a Vilagarcía confirma que se trata dunha granada de morteiro, de 81 milímetros de calibre e un proxectil antitanque, os dous en avanzado estado de oxidación e das mesmas características aos utilizados na guerra civil española.
Ante o achado deste tipo de material, os técnicos especialistas en desactivación de explosivos aconsellan non abandonar estes artefactos como lixo e lembran que a forma de actuar cando se localice algún consiste en non tocar nin manipular o obxecto, sinalizar e acordoar a zona e avisar de inmediato á Garda Civil a través do teléfono 062.
Relacionadas:
-
"En verano, las rosquilleras y nosotros estamos todos a uno. Nos las conocemos a todas”
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Brilat e a Garda Civil ensaiarán un ataque terrorista con bomba química en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Investigan o achado de artefactos pirotécnicos en Combarro e o seu posible uso para evitar arroaces
Por Redacción |
-
Atopan un proxectil da Guerra Civil nunha vivenda da illa de Ons
Por Redacción |
-
Atopan dúas granadas da Guerra Civil nunha casa da Illa de Arousa
Por Redacción |