Feridos dous franceses nun accidente en Cuntis
Por Oskar Viéitez
O servizo municipal de Emerxencias do Concello de Cuntis atendeu este sábado a dous cidadáns de nacionalidade francesa que resultaron feridos leves nun accidente rexistrado na estrada provincial EP 8401 de Portela a Souto de Vea.
O sinistro consistiu nunha colisión entre un turismo e unha furgoneta.
Segundo sinalaron desde o servizo municipal de Emerxencias de Cuntis, "o exceso de velocidade parece estar detrás do accidente", que se produciu "coa vía moi mollada".
Os feridos foron evacuados en ambulancia a un centro hospitalario de Santiago.
Nesta estrada provincial prodúcese un alto volume de circulación, con 2.800 vehículos diarios dos que unha media de 250 son vehículos pesados, ao tratarse dun traxecto utilizado como alternativa á N-550 para desprazarse a Santiago de Compostela.
A vía foi reformada no ano 2013 dotándoa dunha nova capa de rodadura pero sen efectuar ningunha obra de mellora de capacidade.
Por todo iso o Concello de Cuntis solicitou xunto ao seu veciño da Estrada que a Deputación de Pontevedra, titular da infraestrutura, acometa un estudo de mellora.
Relacionadas:
-
A estrada entre Portela e Souto de Vea estará renovada en outono
Por Redacción |
-
Dá positivo tras bater co seu coche contra un muro en Cuntis
Por Redacción |
-
Ferido un condutor tras unha saída de vía en Cuntis
Por Redacción |
-
Dúas persoas que viaxaban nunha motocicleta resultan feridas tras impactar cun turismo en Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis e A Estrada únense para pedir a mellora do viario entre Portela e Souto de Vea
Por Redacción |