O Concello instala novos colectores no centro histórico

Por Redacción

© Concello de Pontevedra

© Concello de Pontevedra

© Concello de Pontevedra
A concellaría de xestión dos residuos urbanos, que dirixe Raimundo González, acaba de renovar parte do parque de colectores de carga frontal que dá servizo ao centro histórico.
O Concello, a través da empresa concesionaria Ferrovial Servicios, instalou quince novos colectores en distintos puntos da zona monumental substituíndo a outros que tiñan "esgotada a súa vida útil" por diversos motivos, especialmente, polo uso. Esta substitución continuará no mes de novembro coa instalación doutros dez novos colectores de carga frontal no ámbito periurbano.
A maior parte da recollida de lixo en Pontevedra é de carga lateral (faise polo lado dereito do camión), pero no caso do centro histórico faise con carga frontal porque o camión de recollida de carga lateral non colle polas rúas da zona monumental, o que supón que os colectores sexan máis pequenos.
Ademais, foi unha decisión consensuada co Centro Comercial Zona Monumental dende hai anos a instalación dos colectores do centro histórico ben nas rúas perimetrais ou ben en rúas pouco transitadas tratando de mellorar a imaxe visual do centro histórico.
Segundo informa o Concello de Pontevedra, esta medida, que se complementará con outra substitución na zona periurbana no vindeiro mes, "pretende acompasar a unha sociedade cada vez máis esixente no tratamento dos residuos urbanos e seguir a senda marcada polo programa Efecto PO2 de posicionamento da cidade que centrará a acción municipal no presente mandato".
A recente cambio de contedores vén a sumarse á campaña que acaba de pór en marcha a concellaría de xestión dos residuos recordándolles aos establecementos comerciais deste ámbito (hostalería, comercio, restauración...) o servizo de recollida porta a porta de vidro e cartón/papel, que se vén desenvolvendo por parte da concesionaria dende o ano 2008.
Todas as medidas, e as futuras que a concellaría está a planificar, "van encamiñadas a incrementar a participación veciñal na xestión dos residuos na cidade, unha liña de traballo principal no presente mandato".
Relacionadas:
-
O PP solicita un estudo para resituar os contedores de lixo ao entender que "atentan contra o comercio"
Por Redacción |
-
Abren un proceso de consulta cidadá para deseñar o novo servizo de recollida de lixo
Por Alejandro Espiño |
-
Renovan os colectores de lixo do Mercado, Benito Corbal e Virxe do Camiño
Por Redacción |
-
Inician unha campaña informativa sobre recollida selectiva para o comercio e hostalería do centro histórico
Por Redacción |
-
Mosquera afirma no pleno que intentará que a recollida de lixo sexa excelente pero pide implicación
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O Concello confía en ter despregados composteiros por todo o rural cara finais de 2020
Por Alejandro Espiño |
-
Prometen unha "reflexión profunda" ante as denuncias pola falta de limpeza do centro histórico
Por Alejandro Espiño |