Un condutor sofre unha indisposición ao volante e choca contra dous coches aparcados
Por Redacción
O condutor dun vehículo tivo que ser evacuado en ambulancia despois de sufrir unha indisposición e chocar contra dous coches que estaban aparcados.
Segundo informaron desde o Servizo Emerxencias Sanxenxo, o sinistro tivo lugar este domingo ás 19.37 horas na Rúa Progreso.
A persoa que ía ao volante dun perdeu o control do vehículo e chocou contra outros dous vehículos que se atopaban estacionados.
Este home foi evacuado nunha ambulancia medicalizada do 061. Foi o único ferido neste sinistro xa que o resto de vehículos estaban desocupados.