O Concello insístelle a Augas de Galicia que a construcción do colector do Gafos é "irrenunciable"
Por Oskar Viéitez
"Para o Concello de Pontevedra é imprescindible e irrenunciable a execución do colector do río dos Gafos", asi destacouno este luns o voceiro do goberno municipal, Raimundo González. Dende o Concello capitalino recórdanlle a Augas de Galicia que existe un convenio de saneamento do rural que contempla a renovación do colector e os pozos do Gafos, que con 1,1 millóns de euros de investimento era o proxecto máis custoso dos que lle correspondía executar á Xunta.
A obra estaba xa adxudicada pero Augas de Galicia renunciou ao proxecto alegando que "o coletor ten un comportamento non separativo senón unitario e que por moita obra que se faga os problemas de verteduras ao Gafos se ian manter".
No seu momento o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, cualificou esta actitude da Xunta como "un novo roubo á cidade de Pontevedra", mentres que Augas de Galicia insistía na súa intención de "completar o 100% do comprometido no convenio", polo que propoñía o cambio desta obra por outros investimentos no Gafos que eviten os problemas en orixe".
"Que nos manden a pasta que xa executamos nós a obra", di o voceiro do goberno local
Non obstante o goberno local insiste "de que nos vale pintar a fachada se non arranxamos os pilares", dixo este luns Raimundo González que se dirixiu aos responsables de Augas de Galicia "que nos manden a pasta que xa executamos nós a obra".
A obra non obstante ten un carácter supramunicipal, ao afectar aos municipios de Pontevedra e Vilaboa. A este último concello, xunto á fiscalía e ao xulgado, déuselle traslado do acordo adoptado este luns así como dos diferentes investimentos realizados polo concello capitalino neste ámbito do río Gafos.
Relacionadas:
-
Moreira recorre ao Parlamento para "desvelar o verdadeiro estado do río dos Gafos"
Por Redacción |
-
Vaipolorío estuda denunciar por delito ambiental as verteduras ao río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta dí que a solución do problema de saneamento do río Gafos é de estrita competencia municipal
Por Redacción |
-
Denuncian a aparición de multitude de peixes mortos no treito urbano do Gafos
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Anulan dúas sancións contra o Concello por verteduras ao Gafos por ser "un problema estrutural"
Por Redacción |
-
O PP propón destinar ao saneamento das parroquias os cartos previstos para o río Gafos
Por Redacción |