Auxilian un ciclista polaco que sufríu un accidente no Camiño Portugués
Por Redacción
Un ciclista de nacionalidade polaca foi auxiliado por axentes da Garda Civil despois de sufrir un accidente en Barro cando percorría o Camiño Portugués a Santiago.
O accidente rexistrouse o pasado domingo ás 10.30 horas, á altura do punto quilométrico 107,500 da estrada N-550, cando o ciclista caeu de maneira fortuíta ao chocar contra co bordo dunha beirarrúa.
O peregrino, que ía acompañado doutro ciclista de nacionalidade irlandesa, tivo que ser evacuado nunha ambulancia ao centro hospitalario de Montecelo en Pontevedra. Alí foi atendido das súas lesións que, en principio, non revisten especial gravidade.
Este tipo de intervencións, levadas a cabo por distintas unidades da Garda Civil, intégranse no marco da denominada Operación Xacobeo, para garantir a seguridade nos roteiros de peregrinación.
Con ocasión desta campaña, repartíronse unha importante cantidade de folletos informativos aconsellando aos ciclistas, entre outras cousas, sobre a necesidade de facerse ver usando pezas e elementos reflectores.
Ademais, informan dos lugares e formas de transitar pola calzada, da imposibilidade de conducir unha bicicleta utilizando simultaneamente o teléfono móbil ou cascos auriculares ou da obrigatoriedade do uso do casco en bicicleta en todas as vías interurbanas.