Carme da Silva axita a precampaña ao reclamar unha Axencia Tributaria Galega
Por Redacción
A creación dun concerto económico para Galicia, a dunha Facenda galega propia e unha Axencia Tributaria Galega foron as reclamacións que a cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra para as próximas eleccións, Carme da Silva, defendeu este martes nun acto na cidade do Lérez. "Que os galegos nos responsabilicemos dos nosos recursos e os invistamos nas necesidades prioritarias para o país", esixiu a nacionalista.
Alega Da Silva que ano tras ano se repite o problema do financiamiento autonómico da Xunta e puxo como exemplo o debate dos 700 millóns que o Estado debe a Galicia e que, segundo ela, estaría resolvido coas propostas do seu partido.
Un dos argumentos que sostén a súa reclamación é que as rendas que chegan ao Estado desde Galicia proceden fundamentalmente do IVE e do IRPF recadados na comunidade galega. "Son recursos e impostos que se xerán aquí e non é lóxico que ano tras ano haxa que estar rogándolle ao Estado que envíe recursos necesarios para facer investimentos", critica a candidata.
Un dos aspectos chave que remarcou a concelleira pontevedresa é que hai moitas empresas que teñen a súa actividade en Galicia e tributan noutro sitio. "De mudar esa situación teríamos máis ingresos dispoñibles e ademais poderiamos responsabilizarnos deles, xa que quen mellor ca nós para coñecer as nosas necesidades", dixo a nacionalista, poñendo como exemplo a actividade das empresas eléctricas.
A situación da AP-9 e a necesidade de transferir a súa titularidade a Galicia é outro dos alicerces que sustentan o programa do BNG. “É profundamente inxusto que á xente se lle faga pagar IBI por calquera galpón e a AP-9, que é unha estafa ás galegas e galegos, teña unha bonificación do 95%”, remarcou.
Tamén criticou ao presidente autonómico, Núñez Feijoo; e ao PSOE aos que acusou de estar calados cando o Goberno do Estado é da mesma cor política.
Relacionadas:
-
Ana Pontón e Carme da Silva invitan a concentrar no BNG todo o voto do país para defender Galicia en Madrid
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Carme da Silva pide ao Goberno que esixa a Elnosa a recuperación ambiental dos terreos de Lourizán
Por Redacción |
-
O BNG cre que a "irrelevancia política" de Galicia "lastra" a súa economía
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG lembra o concelleiro e patrón maior Miguel Pazos
Por Redacción |
-
Carme da Silva reclama as transferencias en materia de seguridad viaria para aplicar el 'modelo BNG'
Por Redacción |
-
O PP rexeita no Parlamento a investigación que pide o BNG sobre o uso de aceites industriais en ENCE
Por Redacción |
-
O BNG pide un parque de bombeiros no interior da provincia para os concellos de sombra
Por Redacción |
-
Eleccións 10-N. O BNG aspira a entrar no Congreso: "A ver se desta vai!"
Por Oskar Viéitez |