Cruz Vermella distribuirá máis de 60.000 quilos de alimentos entre 2.652 persoas en Pontevedra
Por Redacción
Cruz Vermella distribuirá durante o próximo mes un total de 61.340,6 quilos e litros de alimentos entre persoas vulnerables de Pontevedra.
Segundo os datos facilitados por Cruz Vermella Pontevedra, traballará con máis de 16 entidades participantes e, en total, repartirá alimentos a máis de 2.652 persoas.
Os alimentos son de carácter básico, pouco perecedoiros, de fácil transporte e almacenamento. Trátase de alimentos especialmente nutritivos, que van contribuír a satisfacer as necesidades de persoas adultas e, de maneira especial, dos menores. Esta cesta foi elaborada coa colaboración da Federación de Bancos de Alimentos, Cruz Vermella e de expertos en nutrición dos Ministerios.
Na cesta de alimentos deste ano fixéronse actualizacións e incorporáronse algunhas novidades. Os alimentos que se entregarán son: garavanzos cocidos, pasta alimenticia, macedonia de verduras en conserva, pera e macedonia de froitas en conserva, atún e sardiñas en conservas, conserva de porco (magro), batidos de chocolate, arroz branco, leite UHT, tomate frito, galletas, tarros infantís de froita e de pito e aceite de oliva.
Esta repartición forma parte da segunda fase do Programa 2019 de Axuda Alimentaria, cofinanciado nun 85% polo Fondo de Axuda Europea para as Persoas máis Desfavorecidas ( FEAD) e nun 15% polo orzamento nacional.
Relacionadas:
-
Cruz Vermella e Concello exploran "sinerxias de colaboración" no ámbito dos servizos sociais
Por Redacción |
-
Once menores de Pontevedra agardan por unha familia de acollida
Por Redacción |
-
Cruz Vermella atendeu a máis de 50.000 persoas na provincia durante a 2018
Por Oskar Viéitez |
-
O Goberno entrega 318 toneladas de alimentos á Cruz Vermella para repartir nos comedores sociais
Por Redacción |
-
Pontevedra recibe o 40% das axudas alimentarias distribuídas polo Goberno en Galicia
Por Natalia Puga |