O PP anuncia unha campaña a pé de rúa para poñer fin á parálise de Sánchez
Por Redacción
Partido Popular fará unha campaña electoral de cara ao 10-N "a pé de rúa" e cun carácter "claramente municipalista que poña fin á parálise da etapa de Pedro Sánchez na Moncloa". Así se transmitiu este mércores no Comité de Dirección do Partido Popular da provincia de Pontevedra ao que asistiron os principais membros da candidatura aos comicios.
O presidente provincial, Alfonso Rueda, recoñeceu o fartura da poboación, que vai ter que votar por terceira vez en tres anos debido a inestabilidade protagonizada por Pedro Sánchez. "A xente está cansa, pero sobre todo está cansa de non ter un Goberno", afirmou.
Durante a reunión, Rueda puxo varios exemplos do negativa que resultou a etapa de Sánchez para Pontevedra. "Neste ano e medio non se deu nin unha soa boa nova para esta provincia", afirmou.
A cabeza de lista ao Congreso, María Ramallo, recordou a necesidade de escoitar a alcaldes e portavoces do partido. "Queremos unha campaña pegada aos concellos, os que si souberon poñerse a funcionar e a xestionar fronte aos xogos do Partido Socialista de Pedro Sánchez".
Tamén anunciou a presenza o sábado 2 do presidente nacional, Pablo Casado, a un acto multitudinario en Lalín, e a celebración dun almorzo de corte económico e de emprego en Pontevedra ao que asistirá o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.
Precisamente á economía e ao emprego se referiu o cabeza de lista ao Senado, Javier Guerra, quen lamentou o empeño de Pedro Sánchez de non tomar medidas que anticipen os problemas que han de chegar en breve. "A situación económica que teremos nun futuro próximo é de incertidume e crise. Negalo de novo, como fixo Zapatero hai 10 anos, non vai traer nada bo".
Relacionadas:
-
Alberto Núñez Feijóo e María Ramallo trasladan ao empresariado os compromisos cumpridos con Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
O PP organiza un "magosto feminino", un encontro de mulleres "en prol da igualdade real"
Por Redacción |
-
Os populares lamentan que Pontevedra "só está na mente" do PSOE para pechar ENCE
Por Redacción |