Cuntis únese a outros concellos na loita contra a basuraleza
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, participou en Madrid na xornada da rede de gobernos locais e biodiversidade organizada por Ecoembes e Seo BirdLife. Baixo o título "Proxecto Libera, unidos contra a basuraleza" , a iniciativa nace en 2017 co obxectivo de frear as consecuencias do lixo abandonado nos espazos naturais, de aí o termo "basuraleza".
O obxectivo desta iniciativa é concienciar e mobilizar á cidadanía para manter os espazos naturais libres de lixo e que se poida, desta maneira, liberar moita máis vida en favor da biodiversidade. Para iso, desde LIBERA exponse abordar de forma integral o problema, en tres eixos de acción: coñecemento, prevención e participación.
A xornada permitirá informar os gobernos locais españois das iniciativas que se están realizando no marco do proxecto LIBERA co fin de lograr unha natureza sen lixo, e contribuír a acabar co grave problema que supón o abandono de lixo e residuos nos espazos naturais.
O alcalde Manuel Campos participa na xornada como membro do consello de Goberno da Rede.
O Concello de Cuntis atópase "moi interesado" na implementación do proxecto Libera no municipio de Cuntis a través de campañas de sensibilización contra as cabichas, as toallas limpadoras ou os bastoncillos, polo dano que estes produtos, entre outros, provocan ao medio ambiente.