O PP advirte aos veciños receptores de composteiros da obrigación de notificalo a Facenda
Por Oskar Viéitez
O portavoz do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, advertiu aos veciños que reciban os composteiros individuais a obrigación de notificar a Facenda a recepción do mesmo a través da súa declaración da renda.
Segundo sinalou Rafa Domínguez "esto puede significar que un pensionista ahora tenga que declarar la entrega del composteiro, y que le salga la declaración a pagar".
O portavoz popular ha explicado que un informe do secretario municipal aconsellou que se entreguen os composteiros como unha subvención en especie e non como un agasallo, unha circunstancia que non ses especifica no documento que se lle entrega aos veciños, segundo indicou Rafa Domínguez.
"La broma de los composteiros a los vecinos a lo mejor les sale cara", comentou Domínguez.
TRANSPARENCIA
Por outra banda, en rolda de prensa, o portavoz do PP de Pontevedra denunciou este xoves a "opacidad" do Concello coa información que solicitan os concelleiros do PP de Pontevedra mediante rexistro desde fai máis dun mes.
"Nos constan las presiones de un concejal del BNG para retrasar todo lo posible la entrega de algunos documentos sensibles al Partido Popular", criticou Rafa Domínguez, "es algo que no vamos a consentir", engadiu.
"Quiero recordar que es una obligación legal de los funcionarios dar acceso a la documentación solicitada en tiempo y forma", mantivo Domínguez, que destacou que "el responsable último de que esto se haga de forma normal es el alcalde de Pontevedra".
Concretamente o PP quere os datos da facturación do Concello de Pontevedra con sete empresas e do pedido de composteiros.
Relacionadas:
-
O Concello lamenta a "cruzada" do PP co compost e acúsaos de mentir para crear "alarma social"
Por Alejandro Espiño |
-
A metade das vivendas de Tomeza xa se sumou ao plan de compostaxe individual
Por Redacción |
-
O PP crea unha comisión para vixilar e controlar os contratos que faga o Concello
Por Redacción |
-
O Concello confía en ter despregados composteiros por todo o rural cara finais de 2020
Por Alejandro Espiño |