Aberto o prazo de inscrición para participar no IX Encontro de Restauradores
Por Redacción
O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollerá os días 13, 14 e 15 de novembro o IX Encontro de Conservación e Restauración que cada ano organiza esta institución dependente da Deputación Provincial en colaboración coa Escola Superior de Conservación e Restauración. Esta vez, o evento estará dedicado ao estudo e á intervención de pinturas murais.
Ao largo de tres días, especialistas de amplo prestixio nacional e internacional daranse cita nestas xornadas coa misión de dar a coñecer as novas investigacións para axudar aos profesionais do sector a afrontar o reto constante de empregar as mellores técnicas e materiais para a creación de murais.
As persoas interesadas en participar neste encontro teñen ata o 8 de novembro para formalizar a súa inscrición a través da páxina dixital do Museo (http://www.museo.depo.gal), onde se pode consultar a programación completa. O aforo máximo é de 240 participantes e ao finalizar o programa cada asistente recibirá un diploma.
Relacionadas:
-
A Corporacion provincial pide unanimemente a homologación do título de cantería
Por Oskar Viéitez |
-
Deseño e Creación terá facultade propia en Pontevedra dentro de Belas Artes
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
A CIG denuncia que Inspección Educativa pretender recortar postos na Escola de Restauración
Por Oskar Viéitez |
-
Lores e Bará plantexan buscar convenios con empresas para estudantes de Restauración
-
Concello e Escola de Restauración traballarán man a man a prol da visibilización do centro
Por Mónica Patxot & Redacción |