O parque empresarial de Racelo xa ten beirarrúas en todo o polígono

Por Redacción
A Xunta de Galicia, a través dunha subvención de 38.655 euros, completou as obras que permitiron que o parque empresarial de Racelo, na Lama, teña beirarrúas en todos os viais deste equipamento que carecían delas.
Os traballos foron revisados este venres polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde da Lama, Jorge Canda, entre outra autoridades.
Esta actuación consistiu en construír as beirarrúas na zona do punto limpo e na zona noreste do polígono, onde se construíron as últimas naves.
En total, executáronse 300 metros lineais de novas beirarrúas.
A subvención forma parte dun programa da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a mellora dos parques empresariais galegos.
Relacionadas:
-
A Lama terá un viveiro de empresas
Por Redacción |
-
Ultimato da Lama a Urbaser para que actúe ante o "desborde" do punto limpo
Por Redacción |
-
O polígono industrial de Racelo medra coa instalación dunha fábrica de cervexa artesanal
Por Redacción |
-
A Deputación mellorará 9 puntos limpos na provincia
Por Redacción |