Bueu recupera o lavadoiro tradicional de Mieliño
Por Redacción
O Concello de Bueu comezou esta semana as obras de recuperación do lavadoiro do Mieliño, no lugar de Soutelo.
Así o puido comprobar o alcalde durante a visita, na que salientou que esta obra vai supoñer unha recuperación tanto do lavadoiro como da fonte e da contorna.
Ademais da reparación do vaso do lavadoiro, tamén se fomentará o espazo como lugar de reunión da propia veciñanza e se adaptará para persoas con discapacidade e mobilidade reducida.
A proposta elixida buscará un arranxo integral no que se utilizarán materiais acorde co lavadoiro, como a madeira, a pedra, o cano de pedra ou a pintura ecolóxica.
A finalidade é que se favoreza a tipoloxía dos elementos típicos da arquitectura galega, potenciando o seu valor etnográfico así como a integración social no entorno rural.
A obra, que se realiza con cargo aos remanentes do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, foi adxudicada a Construcciones Cortizo SL por un importe de 15.521,31 euros.
Relacionadas:
-
Bueu acondiciona a Fonte de Requeixo
Por Redacción |
-
O lavadoiro do Lago Mansiño estrea renovación
Por Redacción |
-
Bueu renova o lavadoiro da Fontenova
Por Redacción |
-
Bueu activa un plan para manter e acondicionar os espazos públicos
Por Redacción |
-
Medio Natural restaurará un lavadoiro en Campolongo
Por Redacción |
-
Novas beirarrúas para o parque empresarial de Castiñeiras, en Bueu
Por Redacción |
-
O lavadoiro de Banda do Río 'presume' de renovación
Por Redacción |