Unha pasarela mellorará a accesibilidade no pavillón municipal Pablo Herbello
Por Redacción
Algo máis de 20.000 euros inviste o Concello de Bueu para a construción dunha pasarela que permitirá mellorar os accesos ao pavillón municipal Pablo Hervello.
Esta actuación, que se financia cunha subvención da Xunta de Galicia e cos remanentes do Plan Concellos da Deputación, foi adxudicada á empresa Aluminios Os de Casas
A obra consiste na colocación dunha pasarela dende a intersección de Staffan Mörling e a rúa da Pedra e vai ter un tramo exterior e outro interior.
Segundo o proxecto, a pasarela exterior abarcaría unha superficie de 35 metros cadrados e a interior, 29,4 metros cadrados, das cales a empresa xa instalou unha boa parte.
A pasarela será metálica e colocarase en voadizo e ancorada á estrutura vertical da nave existente, repartida en dúas metades.
Así, a parte exterior vai inclinada desde a rasante da rúa da Pedra ata as gradas superiores e a parte interior discorrerá horizontalmente desde o centro da nave ata a bancada.
Ademais desta pasarela, nos próximos días procederase a reparar a zona da cuberta onde existen goteiras, aínda que, como salientan desde o goberno local, xa se está traballando na redacción dun proxecto para a renovación parcial da cuberta.
Tamén se estudará a instalación de aseos na planta alta do edificio, para que as persoas con mobilidade reducida non teñan que baixar ao primeiro andar.
A actuación da pasarela súmase ás outras que o goberno local acometeu no pavillón nos últimos anos.
Así, mellorouse a instalación de auga quente e fría nos seus vestiarios, elimináronse as filtracións no interior do pavillón, construíuse un almacén, instalouse unha caldeira de pellets, colocáronse novos asentos na grada e substituíronse as luminarias por outras de tipo LED.
Relacionadas:
-
Aberto o prazo para optar ás obras do Pavillón Pablo Herbello e a ampliación do cemiterio
Por Redacción |
-
Máis de noventa vehículos poderán usar o aparcamento da Rúa da Pedra
Por Redacción |
-
Bueu comeza as obras na nave de deportes náuticos de Pescadoira
Por Redacción |
-
Bueu retoma as obras da piscina municipal, que estará lista na primavera do 2020
Por Redacción |
-
Novas beirarrúas para o parque empresarial de Castiñeiras, en Bueu
Por Redacción |
-
Bueu mellorará a accesibilidade do Pavillón Municipal Pablo Herbello
Por Redacción |
-
Lavado de cara para o pavillón municipal e a nave de deportes naúticos de Bueu
Por Redacción |