Piden axuda para localizar unha bicicleta roubada na rúa Echegaray
Por Redacción
Os amigos do alleo volveron a actuar. Nos últimos tempos, as bicicletas parecen ser un dos seus principais obxectivos. Sufriuno unha moza pontevedresa á que lle roubaron unha bicicleta que estaba aparcada na rúa Echegaray.
A vítima, que xa denunciou a desaparición da súa bicicleta, solicita a colaboración da cidadanía de Pontevedra para tratar de localizala.
Asegura que deixara a bicicleta atada a un farol da rúa mentres estaba a traballar e, ao terminar a súa xornada laboral, descubriu que alguén lla levara.
É unha bicicleta de cor negra que, como se pode apreciar na fotografía, non é de ningunha marca en concreto, xa que lla fixeron para ela.
A dona afirma que, máis aló do custo da bicicleta, ten para ela un gran valor sentimental, polo que confía en poder recuperala.
Se alguén ten algunha pista sobre ela ou a viu nalgún lugar, a vítima do roubo pide que se contacte coa Policía.
Relacionadas:
-
Rouban dous Seat León en Pontevedra con apenas cinco días de diferenza
Por Redacción |
-
Localizan na Seara unha bicicleta roubada hai tres anos
Por Redacción |
-
Intenta vender por 400 euros unha bicicleta de 3.500 euros roubada en Pontevedra
Por Redacción |
-
Recuperan en Vigo unha bicicleta de 4.000 euros roubada na Lama... hai 9 anos!
Por Redacción |