O Concello incrementa o horario de atención cidadá e abrirá unha tarde cada semana
Por Redacción
A partir do próximo 4 de novembro, o Concello de Ponte Caldelas modifica o seu horario de atención aos cidadáns. Esta decisión traerá consigo un incremento do servizo de atención os veciños do municipio, segundo destaca o goberno municipal.
Na actualidade o horario de atención ao público é de 9:00 a 14:00 horas pero agora será de luns a venres de 8:30 a 14:30 e os xoves abrirase polas tardes en horario de 15:30 a 18:00.
O obxectivo desta medida, sinala o alcalde, é darlle facilidades aos veciños por se precisan pasarse polo concello e que deste xeito teñan a opción de vir de mañá ou de tarde, segundo mellor lles vaia.
A apertura pola tarde ten tamén o obxectivo de que os veciños non teñan que pedir horas no traballo para solucionar calquera trámite.
O novo horario foi acordado coas traballadoras e traballadores do Concello que continuarán cumprindo a súa xornada laboral establecida.