Aempe aposta polo desenvolvemento industrial en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade e a Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa da provincia de Pontevedra (Aempe) asinaron este luns un acordo de colaboración destinado a potenciar o desenvolvemento industrial no municipio.
Así o anunciou o alcalde, Jorge Cubela, que, tras o encontro cos dirixentes deste colectivo, engadiu que levará tamén a cabo unha profunda análise das necesidades da contorna para determinar que tipo de actividades deben poñerse en marcha.
A reunión serviu tamén para presentarlle aos empresarios o proxecto para a creación dun parque empresarial en Monte Mocín de 12 hectáreas. "A economía e o emprego é, xunto aos servizos sociais e públicos, a principal prioridade para o goberno de Cerdedo-Cotobade", dixo o rexedor antes de destacar a importancia deste tipo de encontros debido a que "sempre dan froitos e fixan estratexias conxuntas que favorecen os asentamentos empresariais, a creación de postos de traballo e a xeración de riqueza".
Relacionadas:
-
Medio Rural dá luz verde ao proxecto industrial de Monte Mocín, en Cotobade
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade aproba en Pleno un paso decisivo para crear un polígono industrial en Monte Mocín
Por Redacción |
-
Editan unha guía gastronómica coas oito festas de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade creará un humidal artificial ecolóxico como sistema de depuración de Paraños
Por Redacción |