Cuntis promociona a Vía Mariana cunha andaina
Por Redacción
O Concello de Cuntis promocionou a Vía Mariana a través dun roteiro, no cal deu a coñecer parte do percorrido que pasa polo municipio. Con máis de 70 participantes a camiñata percorreu o cauce do río Gallo ata a súa desembocadura no río Umia e continuaron ata os muíños de Campañó.
Durante o traxecto os sendeiristas puideron desfrutar dunha paisaxe tipicamente outonal no que ás castañas e os cogumelos ocupaban parte da vía.
Outro dos atractivos foi o patrimonio etnográfico con abundacia de muíños, serradoiros de madeira, pasos para cruzar o río ou mananciais.
Sen dúbida, esta andaina fixo que moitos dos participantes descubriesen unha parte menos coñecida deste concello do interior da provincia de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Denuncian a talla de carballos recentemente plantados na carballeira do Sequelo, en Troáns
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas e A Lama reciben entre aplausos á caravana arriera que percorre a Vía Mariana
Por Redacción |
-
Posta de longo da Vía Mariana en Moraña cunha peregrinación aos Milagres de Amil
Por Redacción |
-
A Vía Mariana celebra en Cuntis a súa asemblea de socios
Por Redacción |