A Policía Local de Marín detecta infraccións en terrazas de diversos locais de hostalería
Por Redacción
Máis mesas das permitidas, paraventos que impiden o paso de peóns ou mesas e cadeiras amontoadas ocupando parte da rúa son só algunhas das infraccións detectadas polos axentes da Policía Local de Marín durante a campaña de control do cumprimento da ordenanza que regula a colocación de terrazas na vía publica realizada a finais de verán.
Ademais das citadas, os policías notificaron tamén diversos casos de oxidación do pavimento polo contacto directo co chan das bases metálicas das antucas, rotulación dos elementos da terraza con publicidade ou localizacións das terrazas en lugares carentes de autorización municipal.
Desde o Concello explican que nalgún caso xa foi necesario abrir un expediente sancionador pola reiteración dos incumprimentos. Con todo, na maior parte deles as autoridades limitáronse a notificar as irregularidades aos encargados de cada un dos establecementos. Agora, os hostaleiros dispoñen dun prazo de quince días para emendar todo o que lle foi notificado.
No caso de que sigan cometendo infraccións, o Concello procederá á imposición de multas de acordo á ordenanza que regula a actividade do sector. As sancións poden chegar, en función da gravidade da infracción, ata os 750 euros.
Relacionadas:
-
Un plan especial de tráfico facilitará a participación e estacionamento no Samaín Briz
Por Redacción |
-
O futuro auditorio de Marín terá capacidade para 550 espectadores e aparcamento soterrado
Por Redacción |
-
Marín lembra aos propietarios de panteóns a obrigación de mantelos en bo estado
Por Redacción |