A Rosa dos Ventos recupera este fin de semana a concentración moteira de Poio
Por Oskar Viéitez
O moto clube A Rosa dos Ventos organiza para este fin de semana no recinto da Seca a Concentración Moteira.
Tras o parón do pasado ano o presidente do moto club, Manuel Torres, espera quitar a espiña batendo un record de participación (agarda que máis de 2.000 persoas). Como aliciente, A Rosa dos Ventos baixou a cota de inscrición a só 20 euros por persoa.
A concentración ten previsto un completo programa que inclúe un espectáculo de 'stunt' do piloto Javier Almazán e no que non faltarán xogos, unha mexillonada, concursos, unha cea moteira, maxia, queimada e moita música ata altas horas da madrugada.
Para o domingo contémplase unha ruta moteira ata Ponte Caldelas.
A entrada ao recinto será gratuíta para todos os curiosos que queiran gozar deste espectáculo do motor.