A Noite dos Calacús abre a tempada de magostos na cidade
Por Redacción
O próximo xoves 31 de outubro volverá a celebrarse en Pontevedra a Noite dos Calacús. Será, se non chove, na Praza da Verdura a partir das seis da tarde. Se as condicións do tempo non son boas, a actividade trasladarase aos soportais da Ferrería.
Actividades infantís, música, castañas e cabazas serán os ingredientes desta benvida aos magostos na cidade. En concreto, a Noite dos Calacús ofrecerá obradoiros infantís con cabazas seguindo a tradición do Samaín.
O Concello tamén colaborará cos distintos magostos celebrados polas entidades veciñais en distintos puntos da cidade.
Así, haberá un na praza da Curtidoira, no barrio de Eduardo Pondal, o 16 de novembro; mentres que unha semana antes, o 9 de novembro, serán os de o Burgo e o de Monte Porreiro.
Relacionadas:
-
O Samaín vivirase por todo o alto no mercado de abastos e A Ferrería
Por Redacción |
-
A cativada do colexio de Ponte Sampaio pásao en grande coa festa do Samaín
Por Redacción |
-
Brinde con cervexa artesá no inicio do magosto pontevedrés
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Chegou o castañeiro, xa é outono na Boa Vila
Por Oskar Viéitez |