43 postos de venda de flores ocuparán A Ferrería durante o 31 de outubro e o 1 de novembro
Por Redacción
Este ano instalaranse 43 espazos de venda de flores durante o xoves 31 e o venres 1 de novembro na praza da Ferrería con motivo da celebración do mercadillo de Todos os Santos. Presentouse unha instancia máis que en 2018, en que o número de postos chegou a 42.
A concelleira responsable deste departamento Yoya Blanco indicou que esta iniciativa forma parte da "idiosincrasia" desta festividade con motivo da tradición de visitar os cemiterios nestas datas.
As persoas interesadas en establecer o seu posto de venda deben achegar unha taxa de 5,15 euros por metro cadrado ocupado. A instalación dos espazos na praza da Ferrería será entre as 02.00 e as 10.00 horas do 31 de outubro. A venda ao público das flores comezará arredor das 10.00 horas