Moraña súmase ao Programa Integrado de Emprego co obxectivo de seguir baixando a taxa de paro
Por Redacción
O Concello de Moraña sumouse ao Programa Integrado de Emprego (PIE) Máis Emprego IV en colaboración cos municipios de Portas, Cuntis, Barro e Caldas de Reis. Este programa busca a inserción laboral e a loita contra o desemprego.
Esta iniciativa conta con cen prazas e vai destinada a menores de 30 anos ou maiores de 45. Conta cun orzamento de 312.000 euros e atópase cofinanciado pola Xunta de Galicia.
Consiste nunha bolsa de cinco euros diarios ás persoas beneficiarias por cada sesión de orientación ou formación na que participen para facilitar o desprazamento. Está previsto que se desenvolva durante os próximos 12 meses ata o 20 de outubro de 2020. O programa conta cun obxectivo mínimo de inserción laboral do 39% dos asistentes. Na anterior edición logrouse un 75%. As persoas interesadas poden solicitar a participación nas oficinas municipais.
Segundo a alcaldesa Luisa Piñeiro, Moraña rebaixou a lista de desempregados no municipio nunha cifra de 230 persoas durante os últimos 50 meses e presume de ser o terceiro da provincia cun maior descenso do paro durante o últimos catro ano.
Relacionadas:
-
Balance positivo do primeiro mes de funcionamento do Programa Integrado de Emprego
Por Redacción |
-
Os concellos de Caldas e a súa contorna preparan un novo plan de emprego para cen persoas
Por Redacción |
-
Moraña supera por primeira vez na década os 1.500 afiliados á Seguridade Social
Por Redacción |