Novas beirarrúas para o parque empresarial de Castiñeiras, en Bueu
Por Redacción
O parque empresarial de Castiñeiras, en Bueu, recibiu este martes a visita do alcalde, Félix Juncal; e do delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís; que comprobaron os traballos de mellora viaria que están a piques de concluír neste escenario.
"Esta actuación suporá unha mellora notable para os usuarios do parque, así como para as persoas que camiñan a diario por este espazo", declarou o rexedor nacionalista.
As obras, financiadas na súa maioría pola liña de axudas a polígonos empresariais da Consellería de Economía, Emprego e Industria e fondos do Plan Concellos da Deputación; consistiron na adecuación e pavimentación de varias beirarrúas, así como a construción de novas sendas peonís na rúa central. Os traballos están a piques de concluír e teñen un orzamento 92.800 euros.
O proxecto está enmarcado nun programa autonómico, cun financiamento de 5,34 millóns de euros, destinado a plans de mellora nos parques empresariais de 51 municipios de Galicia. Está prevista a execución de 57 actuacións que permitirán impulsar as infraestruturas dos polígonos.
Téñense desenvolto xa iniciativas relacionadas coa instalación de sistemas de seguridade e vixilancia, plantas de depuración de augas, xestión de residuos ou instalacións contra incendios ou roubos de cable, detallan desde a Consellería.
A actuación que se está realizando en Castiñeiras non é un feito illado. Lembrou o rexedor que nos últimos tempos instaláronse 200 luminarias de tecnoloxía LED, mellora da sinalización horizontal e está xa proxectada a renovación da sinalización vertical.
Relacionadas:
-
Os propietarios do Polígono industrial de Castiñeiras tramitan a súa ampliación
Por Redacción |
-
Bueu anuncia melloras no parque empresarial de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Bueu inicia o axardinamento da rotonda do polígono de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Bueu cambiará a LED máis de 400 puntos de luz do municipio
Por Redacción |
-
Rematan as obras na estrada provincial que vai de Portela a Ermelo
Por Redacción |
-
Aproban o proxecto para mellorar a seguridade viaria na estrada entre Bueu e Marín
Por Redacción |
-
Unha pasarela mellorará a accesibilidade no pavillón municipal Pablo Herbello
Por Redacción |
-
Bueu recupera o lavadoiro tradicional de Mieliño
Por Redacción |
-
Comezan as obras de mellora das beirarrúas do Polígono Industrial de Castiñeiras
Por Redacción |