O PP organiza un "magosto feminino", un encontro de mulleres "en prol da igualdade real"
Por Redacción
O Partido Popular de Pontevedra organizou este martes o "magosto feminino", un encontro de mulleres "en prol da igualdade real" no que participou a candidata número uno ao Congreso, María Ramallo, a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, ou a deputada provincial Pepa Pardo.
Ramallo insistiu en que traballa co obxectivo de alcanzar "a igualdade real e incrementar a presenza de mulleres nos ámbitos de decisión e influencia", mentres que López Abella repasou o traballo "constante" do goberno galego en materia de Igualdade, organismo que impulsan as medidas previstas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Ao acto tamén asistiron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o portavoz do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez.
María Ramallo insistiu na necesidade "sociedade máis xusta e mellor, en definitiva, unha sociedade máis igual" e subliñou que se trata do compromiso pola igualdade implica o traballo de "toda a sociedade, de maneira integra".
Ramallo recoñeceu que para alcanzar a igualdade entre homes e mulleres necesítase un "traballo transversal" xa que considera que "é un deber de todos e algo polo cal desde o Partido Popular traballamos sempre, e así o seguiremos facendo".