O Samaín de Briz non ten medo da choiva
Por Redacción
A choiva non poderá co Samaín de Marín. O Concello confirmou na mañá deste mércores que, a pesar das malas previsións meteorolóxicas, o Parque dos Sentidos da Finca de Briz converterase na noite do xoves nun parque temático do terror e da diversión. Segundo os cálculos do goberno local, está previsto que acudan preto de 2.000 persoas de diversos puntos de Galicia á celebración do Samaín.
Despois do éxito do ano pasado, o Concello volve contar co apoio da Fundación Xoán XXIII e a comparsa Os da Caña para organizar unha festa inesquecible no que cada detalle está coidado ao máximo. Con todo preparado para a noite máis terrorífica do ano, as portas da Finca marinense abriranse ás 18.30 horas.
Doutra banda, explican desde o Concello que para a xornada do xoves están previstos cortes de luz na iluminación pública dalgunhas rúas para xeral o clima de escuridade e medo necesarios para as andainas de terror e espanto que percorrerán as rúas da vila. A participación nestas actividades é gratuíta, pero os interesados deberán retirar un ticket na Finca de Briz para confirmar a súa inscrición.
Existen dous tipo de camiñadas. Para os menos atrevidos son as de espanto, que se realizarán entre as 19 e as 21 horas. Mentres que os máis valentes poden probar as de terror, que se desenvolverán en grupos reducidos entre as 19 e as 00.00 horas. Para acudir á festa de Briz, non é necesario contar con ningún ticket.
Dado que se espera unha elevada participación, o goberno local habilitará zonas de aparcamento disuasorias en diversas fincas, a máis próxima a Briz é a de Ponte Zapal, pero tamén haberá prazas adicionais na zona de Praza de España, Rúa Inferniño, República Arxentina, Concepción Arenal, Sagrada Familia e Exército e Mariña ou no aparcadoiro do IES Chan do Monte.
Relacionadas:
-
Marín opta por suspender a gran festa do terror na Finca de Briz e festexará o Samaín con decoración
Por Redacción |
-
Marín combinará sendeirismo e feminismo no seu clásico roteiro dos montes e praias
Por Redacción |
-
Máis de 3.000 participantes consolidan o Samain Briz como festa de referencia
Por Redacción |
-
Un plan especial de tráfico facilitará a participación e estacionamento no Samaín Briz
Por Redacción |
-
O Concello de Marín realiza tarefas de mantemento na Finca de Briz
Por Redacción |
-
O Samaín Briz será o 31 de outubro e incorporará un obradoiro de cabazas e un espazo gastronómico
Por Redacción |
-
Marín comeza a preparar a nova edición do Samaín Briz
Por Redacción |
-
O Concello de Marín valora como "moi positiva" a masiva festa de Samaín na Finca de Britz
Por Redacción |