Moreira acusa a Lores de "cacique" e de actuar sempre cun "primario deseo de venganza"
Por Alejandro Espiño
O portavoz municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, mostrouse este martes especialmente duro co alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, ao que acusou de "cacique" e de actuar sempre cun "primario deseo de venganza". Fíxoo tras valorar a recente sentenza xudicial que ratifica que a retirada das dedicacións exclusivas aos concelleiros populares axustouse á legalidade e non supuxo unha represalia cara eles.
Pero Jacobo Moreira non opina o mesmo. Afirmou que "el cacique Lores", cualificativo que repetiu en numerosas ocasións, "castiga a quien muestra el verdadero rostro del alcalde" e acusouno directamente de deseñar unha estratexia planificada "para romper el PP ahogando económicamente al partido y a sus miembros". A el responsabilízao, polo tanto, da crise vivida no seo popular e que se saldou coa saída de tres dos seus concelleiros.
Recordou Moreira que "a título particular" decidiu presentar un recurso xudicial contra a retirada das dedicacións exclusivas ao entender que "el debate político había finalizado y ahora tenían que hablar los jueces". Neste sentido apuntou que "nunca atraje la atención pública a este tema", xa que foi o goberno local "quien publicitó el recurso, la tramitación y la sentencia".
Entón e agora, dixo o portavoz municipal, "pienso que fue una represalia por criticar una nueva dedicación exclusiva", a do concelleiro Miguel Filgueira, pero insistiu en que o Partido Popular "no cede a los chantajes ni bajaremos la cabeza ante este tipo de actitudes". Todo o contrario, sinalou, "a todos los estómagos agradecidos que le rodean que, en su mayoría, no trabajan o no sabemos a lo que se dedican".
"Confío no encontrarme nunca más con gente como Lores", dixo Moreira, que acusou ao alcalde de tratar como "basura" aos que non opinan como el
Jacobo Moreira recoñeceu que con este asunto pasou "momentos complejos" e foi "muy prudente" nas súas declaracións, pero afirmou que xa non se calará máis debido á actitude dos seus compañeiros de partido "que me han dado una gran lección, trabajando mejor que nunca en circunstancias mucho peores". Por iso é polo que reiterase que o PP "no tiene miedo a los caciques y les fiscalizaremos todas las veces que sea necesario".
Todo este asunto é, segundo Moreira, "el episodio más decepcionante y ruín" da súa curta carreira política e manifestou o seu desexo de "non atoparme nunca máis con xente como Lores", ao que acusou de tratar como "lixo" aos que non opinan como el, como os concelleiros do PP, os traballadores de ENCE ou os militares da Brilat. "Pero que esté tranquilo que nosotros no somos como él o ya tendría que estar buscando los guantes para volver a su trabajo".
"La situación del PP es mejor que hace un año, nos han fortalecido más", asegurou o portavoz municipal en relación á saída dos tres concelleiros populares provocada por este "conflicto" no seo do partido, do que malia que foi votado por todo o goberno municipal, Moreira insiste en responsabilizar ao BNG, que foi quen, na súa opinión, "redactó e presentó" a moción naquel pleno "y sin el visto bueno de Lores esto no habría pasado".
ESTUDA RECORRER A SENTENZA DAS DEDICACIÿNS
En todo caso, o portavoz municipal do PP adiantou que, a falta de analizar con detalle a sentenza xudicial, recorrerá a sentenza que retira aos populares dous dos seus tres dedicacións exclusivas "si hai fundamentos xurídicos para iso". Pero asegurou que xa atopou varios motivos de recurso, entre eles o feito de que a moción non foi presentada por rexistro ou a interpretación que fai a sentenza sobre a presunta desviación de poder.