Unha curtametraxe do CEIP de Tenorio, seleccionada para un festival de cine en Girona
Por Redacción
A película Arredor do día. Retratos da Terra de Montes, realizada polo alumnado de sexto de Primaria do colexio de Tenorio durante o pasado curso escolar foi seleccionada para participar esta fin de semana no Festival Gollut de Ribes de Freser, un festival internacional de cine que se celebra en Girona.
Os mozos cineastas de Cerdedo-Cotobade formarán parte do cartel xunto con producións francesas, españolas, iranianas ou exipcias, o que demostra o alto nivel do traballo realizado.
Esta curtametraxe forma parte do Plan Proxecta que a Consellería de Educación oferta aos centros educativos e, en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), o alumnado recibe asesoramento de cineastas que lles inspiran para a creación da película.
O cine documental é a base de Arredor do día, onde os nenos e nenas co CEIP de Tenorio quixeron reflectir como é a vida das persoas que seguen a manter traballos que pouco a pouco vanse esquecendo e como é a vida desas persoas ao longo dun día, como é o seu arredor.
A película foi estreada en xuño do presente ano na Cineteca de Madrid, xunto con outros centros de Cataluña e da capital de España.
Este foi o terceiro ano que o centro educativo de Tenorio participa neste proxecto audiovisual e no presente curso vai a contar coa colaboración da directora de cine Jaione Camborda.