Tres persoas resultan feridas nun impacto entre tres turismos na variante de Marín
Por Redacción
Tres persoas resultaban feridas na tarde deste xoves no municipio de Marín por mor dun accidente con tres turismos implicados.
O suceso rexistrábase ás 17.00 horas cando os tres vehículos circulaban pola VG-4.4, dirección Bueu, á altura do punto quilómetrico 7.
Os servizos sanitarios informaban o servizo de Emerxencias 112 Galicia sobre a colisión. Desde a central alertábase á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local, aos bombeiros do Morrazo e aos efectivos de Protección Civil tamén foron informados polo 112 Galicia, así como ao persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargaron da limpeza da vía ao quedar restos do impacto.
Os tres feridos foron trasladados polo persoal do Servizo de urxencias sanitarias de Galicia 061.